Escoitar

O aspecto da prevención centrará o debate das Xornadas do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións

A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, ven de presentar o programa das sextas xornadas do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións de Vigo que se celebrará os días 3 e 4 de maio no Centro Social Caixanova e que pretenden ser un punto de encontro para a reflexión sobre a evolución, o estado actual e o futuro da prevención en condutas aditivas.

martes, 24 abr 2007
1177414791drogas230407.jpg
Presentación das Xornadas
Nas xornadas partiparán expertos de prestixio, investigadores, profesionais e representantes da administración, para expoñer os seus puntos de vista sobre a mellor e a efectividade dos programas de prevención no ámbito local.

Ademais dos formatos habituais de conferencias e mesas de discusión, este ano incorporase un debate a dous, espazo no que dous expertos debaterán sobre os programas de lecer alternativo. Tamén contarase coa colaboración da administración, representada por responsables da Subdirección de Saúde Mental e Drogodependencias da Consellería de Sanidade, para actualizar a información sobre a situación actual e as estratexias para o futuro.

As xornadas están destanadas aos profesionais, técnicos e mediadores sociais, do ámbito da saúde, os servizos sociais, a educación... e representantes da comunidade con interese na promoción da saúde, particularmente nas adiccións.
Descargar todas as imaxes

Máis información