A Gran Gala do Deporte coroará os mellores de Vigo e a súa comarca
Os mellores deportistas masculino e feminino de 2006 de Vigo e a súa comarca serán designados este venres na Gran Gala do Deporte, que se celebrará no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova.
Corenta e seis deportistas foron elixidos por unanimidade polo xurado da Gala o pasado venres como os mellores de Vigo e a súa comarca nun total de 44 disciplinas, despois de analizar as propostas presentadas polas respectivas federacións. Algunhas foron desestimadas por non axustarse ás bases da convocatoria. De entre todos os nomeados, designaranse ao mellor e á mellor deportista de Vigo e a súa comarca de 2006, nun acto que terá lugar este venres a partir das 20.30 horas no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova.
O xurado desta VIII Gala do Deporte estivo presidido pola concelleira de Deportes, Lucía Molares, e formado polos portavoces do PSdeG-PSOE, Xulio Calviño, BNG, María Méndez, e do PG, Manoel Soto, así como por Jorge Santos, en representación de Caixanova, e Fernando Gallego, do Faro de Vigo. Excusou a súa ausencia por compromisos oficiais o voceiro do PP, José Manuel Figueroa, que relegou o seu voto na súa compañeira de partido Lucía Molares. Actuou como secretario con voz pero sen voto Antonio Bernárdez.
Como en edicións anteriores, outorgaranse distincións especiais a empresas que sobresaísen polo seu apoio ao deporte, así como a sociedades, clubes e dirixentes que traballen ou traballasen de forma desinteresada polo deporte base.
Descargar todas as imaxes