Escoitar

Campionato de Golf Infantil Ría de Vigo

Máis de 70 nenos e nenas participarán no "Campionato de Golf Infantil Ría de Vigo" que organizan os clubs Golf Ría de Vigo e Real Aéreo Club de Vigo os días 29 de abril e 13 de maio e que presentou hoxe en rolda de prensa a concelleira de Deportes, Lucía Molares.

mércores, 25 abr 2007
1177502744golf.jpg
O campionato disputará a modalidade "stableford" nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

A primeira xornada disputarase o día 29 de abril no Club Ría de Vigo e a segunda nas instalacións do Real Aéreo Club de Vigo Haberá premios , en cada unha das xornadas, para o primeiro e segundo clasificado de cada categoría hándicap, a 9 buratos os benxamíns e 18 os demais.

Unha vez rematadas as dúas xornadas sumaranse a tarxeta hándicap do primeiro clasificado de cada categoría dos xogadores representantes de cada un dos clubs e obterase o club gañador que recibirá o trofeo.
Descargar todas as imaxes