O Concello revisará unhas obras na rúa do Pazo, en Bouzas
As obras de derruba e construción dun edificio na rúa do Pazo nº 12, dentro do PEPRI de Bouzas, serán revisadas para verificar se concordan co proxecto para o cal o Concello lles deu licenza, segundo acordou hoxe xoves o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo.
![1177589300xeren260407.jpg 1177589300xeren260407.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1177589300xeren260407.jpg)
A decisión, adoptada de maneira unánime, foi proposta polo BNG mediante unha moción na que se denuncia a derruba dun patín "que formaba parte da edificación estremeira catalogada como Integral na rúa do Pazo 10", así como a actuación "nalgunhas fachadas desta mesma edificación". Os nacionalistas recordan que o informe técnico de licenza recollía a "non intervención sobre o edificio catalogado Integral".
Descargar todas as imaxes