IMAXINA SONS, Festival de Jazz de Vigo
A alcaldesa, Corina Porro, presentou o Festival Internacional de Jazz IMAXINA SONS que se celebrará en Vigo do 21 de xuño ó 1 de xullo . O Festival é unha iniciatica do Concello de Vigo que naceu co obxectivo de dar cabida dentra da escena musical galega ao jazz realizado en Europa, á marxe de condicións comerciais.
O jazz europeo é recoñecido na actualidade como o verdadeiro xerador da
maior evolución da súa historia contemporánea, o cal converte a Vigo durante dúas semanas en referencia dos festivais á vangarda do Jazz cun ambiente musical cultural e festivo único.
Baixo este criterio, o festival amosará con periodicidade anual a actualidade do jazz, prestando especial atención a aquelas propostas de calidade que aposten pola innovación e a orixinalidade, e que aporten novidades en tres ámbitos xeográficos: Galicia, España e Europa; apoiará especialmente aos músicos que realizan a súa actividade no ámbito galego, mantendo unha presenza dos seus proxectos no festival e contribuíndo así á su difusión exterior; atenderá á actualidade jazzística no resto de España, en especial ás tendencias máis
novidosas; e por último, centrará a presenza estranxeira no jazz europeo, sen renunciar a presenzas puntuais do latino ou americano.
IMAXINA SONS desenvolverase a través de múltiples e diferentes actividades
coa finalidade de achegalo ao maior número de público a través de:
- Concertos en teatros e auditorios (Centro Cultural Caixanova, Auditorio Municipal,
Conservatorio...).
- Jazz na rúa: actuacións ao aire libre na Praza da Estrela e pasarrúas polas
principais zonas peatonais da cidade.
- Actuacións nocturnas en locais.
- Exposicións, mesas redondas, debates, conferencias, master-class…
Descargar todas as imaxes