Escoitar
O venres terá lugar no auditorio municipal un concerto-homenaxe ao pianista barcelonés Tete Montoliu

Presentación da terceira edición do Festival de Jazz "IMAXINA SONS 2007"

O vindeiro venres día 30 de marzo presentarase en rolda de prensa a programación da terceira edición do Festival Internacional de Jazz de Vigo "Imaxina Sons’07", proxecto cultural promovido e xestionado polo departamento municipal de Cultura dende o ano 2005 e que, baixo a dirección artística do músico galego Baldo Martínez, desenvolverase de novo na segunda quincena de xuño.

xoves, 29 mar 2007
1174994090imaxina07.jpg
Aproveitando esta presentación e coa idea de que o IMAXINA SONS vaia extendendo co paso das edicións a súa influenza máis aló do mes de xuño, con actividades en primaveira e/ou outono, o propio venres celebrarse no AUDITORIO DO CONCELLO un concerto-homenaxe ao pianista barcelonés Tete Montoliu, con motivo do décimo aniversario do seu falecemento.

O concerto correrá a cargo do grupo HORACIO FUMERO TRÍO, baixo o lema "Recordando a Tete", e comezará ás 20,30 horas coa proxección dun diaporama de fotos do artista catalán con fondo sonoro do seu propio repertorio, seguido ás 21 horas coa proxección dun documental sobre a súa figura. O concerto dará comezo ás 21,30 horas. O acceso será gratuito ata completar o aforamento do auditorio. Á presentación do festival, así como ao concerto, asistirá a súa viuda, Montserrat García–Albea Ristol, que recibirá un agasallo conmemorativo do acto en nome da cidade de Vigo e do IMAXINA SONS.

O festival terá actividades tamén no mes de maio e xuño, previas ao seu inicio, con concertos en prazas durante todo o día en sábado, a cargo de escolas de música de toda Galicia e incluso Portugal.

A programación do festival desenvolverase do 21 de xuño ao 1 de xullo, nos espazos habituais: Centro Cultural Caixanova, Auditorio do Concello, auditorio "Martín Codax" do Conservatorio Superior de Música, salón de actos do Marco, prazas e rúas da cidade, pubs...., e contará con concertos musicais, pasarrúas, master-class, exposición, mesas redondas e conferencias..
Descargar todas as imaxes