Escoitar
Anuncio de Mobilidade e Seguridade

Peche de tráfico na rúas San Paio, Paraguay e Chozas

martes, 27 mar 2007
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de fresado e asfaltado, a realizar pola empresa SERCOYSA, estará pechada ao tráfico a rúa San Paio (Navia), con acceso exclusivo para garaxes, o mércores 28 de marzo de 2007 dende as 08:00 até as 20:00 horas.

Paraguay

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de montaxe dun guindastre de obra, a realizar pola empresa GRUAS DONIZ, estará pechada ao tráfico a rúa Paraguay, treito entre Vázquez Varela e México, con acceso exclusivo para garaxes, o mércores 28 de marzo de 2007 dende as 08:00 horas até as 17:00 horas.

Peche rúa Chozas

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa Chozas, con acceso exclusivo para garaxes, dende o xoves 29 de marzo de 2007 ás 08:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.