Escoitar
Festival Coral "Música Sacra"

O ciclo de Música Sacra de Vigo propón tres concertos

O Ciclo de Música Sacra, cita musical próxima as datas de Semana Santa, propón este ano tres concertos , de carácter gratuíto, que se celebrarán os días 28, 29 e 31 de marzo na parroquia-santuario "María Auxiliadora".

luns, 26 mar 2007
1174906227cartelsacra.jpg
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, ven de presentar o programa de este ano co título "Encontros Místicos" que se iniciará o próximo mércores, día 28 ás 22 horas a cargo da formación viguesa do Coro de Cámara "A Laranxa", da man de Emilio Lede Abal que interpretarán obras do Renacemento ao século XXI.

O xoves, día 29, o grupo holandés "Anima e Corpo Ensemble" dirixidos por Martin Gester interpretará unha estrea sobre "A paixón segundo San Marcos" de R.Keiser.

O último dos concertos terá lugar o sábado, día 31 de marzo, ás 20:45 horas a cargo da soprano Raquel Andueza acompañada de Jesús Fernández na tiorba e que interpretarán un programa musical de obras de Merula, Ferrari, Monteverdi e Strozzi.

Festival Coral

Por outra banda , a concellería de Festas e Animación Sociocultural e ACOPOVI ( Asociación de Corais Polifónicas de Vigo) organiza o Festival Coral "Música Sacra" os días 27 e 28 de marzo.

O martes, día 27, ás 20:30 horas na colexiata Santa María de Vigo actuarán as corais María Auxiliadora, Colexio de Avogados de Vigo e a coral polifónica Val do Fragoso.

O mércores, día 28, na igrexia de María Auxiliadora, ás 20:30 horas, o concerto estará a cargo das corais da ONCE "Cidade de Vigo", SCD Atlántida de Matamá, polifónica Apóstol Santiago , polifónica Perla del Atlántico e polifónica Allegro.
Descargar todas as imaxes

Máis información