Escoitar

Samil acolle a Liga Atlántica de Tenis das categorías alevín e infantil

A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe venres a Liga Atlántica de Tenis das categorías alevín e infantil, que se desputará no Complexo Deportivo Municipal de Samil os días 22 e 23 de abril.

venres, 21 abr 2006
1145619608tenis210406.jpg
Este torneo, que principiará mañá sábado ás 10:30, é un dos que compoñen as Ligas Atlánticas de tenis, unha iniciativa conxunta da Asociación de Tenis Porto e a Federación Galega de Tenis, á que se uniron posteriormente as Asociacións de Coimbra, Aveiro e Leiria, a través dun convenio de colaboración asinado en 2005.

O obxectivo principal deste acordo é facer do tenis atlántico unha marca identificatoria do "Espazo Atlántico do Tenis de Portugal e Galicia", que sirva de punto de encontro da zona estratéxica de desenvolvemento conxunto deste deporte, nunha Europa de rexións e sen fronteiras.

Á parte do torneo que terá lugar en Vigo, as Ligas Atlanticas desputaranse tamén en Aveiro (categoría junior, o 27 e 28 de maio), Coimbra (cadetes, o 7 e 8 de outubro), Porto (os días 14 e 15 de outubro, nas categorías de veteranas e veteranos), Leiria (categoría absoluta, o 21 e 22 de outubro) e en Galicia (o 21 e 22 de outubro, na categoría de veteranos).
Descargar todas as imaxes