O PXOM podería ir a Pleno no mes de novembro
A Comisión de Seguimento do PXOM estableceu hoxe venres o calendario de actuación para acometer a última fase do Plan Xeral de Urbanismo de cara á súa definitiva aprobación.
A Comisión de Seguimento do Plan Xeral de Ordenación Municipal reuniuse hoxe venres para planificar o calendario dos vindeiros meses. Esta comisión, formada por representantes dos catros grupos políticos municipais e mailo xerente de urbanismo, estableceu o plan e a metodoloxía de traballo para acometer a última fase do PXOM.
Como primeira medida o grupo acordou unha nova reunión o mércores 14 de setembro ás 10,30 para revisar os informes dos técnicos sobre cada unha das alegacións ao plan, comezando polas 100 alegacións-tipo máis repetidas polos alegantes.
Tras un período de estudio dos informes técnicos por parte dos grupos políticos, durante o cal non se descarta seguir mantendo reunións cos colectivos de afectados, o xerente de Urbanismo, Xavier Rivas, comentou que o documento final que sería discutido no Pleno podería estar listo para novembro.
O xerente explicou que salvo reformas sustanciais no carácter de cada unha das partes do documento, o resultado das alegacións non tería que volver a expoñerse publicamente.
Descargar todas as imaxes