Escoitar

Corina Porro propón usar remanentes líquidos para financiar proxectos por valor de 18 millóns

A alcaldesa, Corina Porro, anunciou hoxe venres que proporá ao Pleno da Corporación Municipal a aplicación de remanentes líquidos por un valor superior aos 18.000.000 euros para levar a cabo actuacións non previstas no actual orzamento do Concello.

venres, 2 set 2005
1125664707corina0209.JPG
Corina Porro dixo confiar en que a súa proposta reciba o apoio dos grupos políticos da oposición, argumentando que "Vigo aínda ten moitas materias pendentes". Con respecto aos remanentes, a alcaldesa afirmou que "o que temos que facer é utilizalos".

Dos 18.164.900,36 euros incluídos na proposta, algo menos de 5.000.000 destinaríanse a proxectos propostos polo Goberno municipal. O resto dos remanentes serviría para financiar actuacións correspondentes a mocións presentadas por PSdeG-PSOE, BNG e PG.

A alcaldesa cre necesario "proceder a estas alturas a revisar posibles necesidades", xa que "o nivel de disponibilidade orzamentaria é realmente bo". Segundo Corina Porro, "o orzamento recolle as prioridades do Goberno pero iso non quere dicir que todas as necesidades dunha cidade acaben aí".

A alcaldesa recordou que o seu Goberno quixo "sacar o diñeiro de debaixo das pedras" e asegurou que este obxectivo se conseguiu.
Descargar todas as imaxes