Tai Chi na rúa para recargar as pilas
Roupa e calzado cómodo. Isto é todo o que se necesita para participar no curso de iniciación ao Tai Chi que baixo a denominación de "Tai Chi na rúa" se celebrará en Vigo do 3 ao 17 de setembro.
A asistencia a este curso é libre e gratuíta para todas as idades. En palabras de José Antonio Parada, presidente da Asociación Galega de Tai-Chi, "o Tai Chi é basicamente unha forma de exercicio e relaxación aberta a persoas de calquera idade, desde nenos ata xente de máis de 80 anos".
José Antonio Parada di do Tai Chi que é "unha actividade perfectamente adaptable ás condicións fisicas de cadaquén" e que "sempre vén ben para afrontar o novo período de traballo despois das vacacións".
Este curso de iniciación ao Tai Chi terá como puntos de encontro a pista de skate do parque do Castro (os sábados 3, 10 e 17), os xardíns do parque do Náutico (os días 5, 7, 12 e 14), a zona da ponte fronte ao Auditorio do parque de Castrelos (6, 8, 13 e 15 de setembro) e a zona da pista da carballeira da Guía (os días 6, 8, 13 e 15).
Para máis información sobre esta actividade pódese acudir ao número 242 de Sanjurjo Badía ou ben chamar ao 986 377 090.
Descargar todas as imaxes