Escoitar

Béisbol, kim-ball e ximnasia acrobática, novas modalidades das Escolas Deportivas 2005/2006

Un total de 29 modalidades deportivas son as que poderán elixir os nenos que, nados entre 1989 e 1999 na maioría dos casos, queiran ocupar unha das 5.430 prazas previstas nas Escolas Deportivas.

xoves, 1 set 2005
1125580178scola.JPG
A concelleira de Deportes Lucía Molares presentou hoxe xoves o programa municipal de Escolas Deportivas 2005/2006, que comezará o 3 de outubro e finalizará o 31 de maio do vindeiro ano. Na presente edición, o programa contará con tres novas modalidades que ampliarán o total ata 29 deportes. As novas modalidades son o béisbol (a cidade conta cun equipo), o kim-ball (deporte de orixe sudamericana) e a ximnasia acrobática (nova aínda que algunhas escolas a incluían dentro da ximnasia artística).

As Escolas Deportivas van dirixidas a todos os alumnos que cumpran os requisitos de idade de cada unha das modalidades e que vai de 6 a 16 ou 18 anos fundamentalmente. O programa quere contar coa participación dos clubs deportivos da cidade e así, ata 45 entidades participan nas Escolas Deportivas. En canto ao espazo cóntase con 18 instalacións e 37 espazos deportivos, ademais de contar cos campos ou pavillóns de 30 colexios públicos.

O prezo da matrícula é de 34,25 euros habendo dous prazos de inscrición: do 7 ao 23 de setembro e do 3 de outubro ao 4 de novembro. Unha vez finalizado o segundo prazo ábrese un permanente durante todo o curso ata abril inclusive, que vai do 10 ao 22 de cada mes sempre e cando haxa modalidades con prazas vacantes. Esto permitirá aos nenos interesados irse incorporando ao longo do ano ocupando as prazas que poidan deixar outros alumnos.

O número total de prazas este ano é de 5.430 o que supón un incremento do 5 % respecto ao ano anterior. O número de alumnos para desenvolver as modalidades no apartado doutros colectivos terá que ser dun mínimo de 15.
1125580178scola.JPG
1125580473escola.jpg
Descargar todas as imaxes