Ábrese o prazo de inscrición da Escola Municipal de Danza
A Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo principia proximamente un novo curso polo que as persoas interesadas poden inscribirse do 5 ao 30 de setembro nas dependencias da escola, situada no soto do Concello.
Os prezos da matrícula polo curso completo son de 18 € para os alumnos de 4 a 7 anos; 24 € para maiores de 8 anos e 12 € para alumnos de percursión.
Os interesados poden conseguir máis información sobre horarios, prezos e matrícula nos teléfonos 986.810.167 ou 986.810.221; fax: 986.810.167 ou 986.22.16.66; escoladanza@vigo.org ; www.vigo.org/escoladanza
A oferta complementaria consta de actividades nas que pode participar o alumnado coas que se pretende fomentar a difusión da cultura vencellada á danza tradicional. Entre outras, está a asistencia a cursos monográficos, festivais, museos e saídas ao campo.
A Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo foi creada en 1979 e, dende aquela, milleiros de vigueses aprenderon e familiarizáronse coas danzas tradicionais galegas. Moitos dos seus alumnos son transmisores do folclore a través doutros grupos espallados por Vigo ou outros concellos.
Os festivais e actividades organizados pola Escola Municipal de Danza son o "Festival na punta do pé", "Festival dos reencontros", "Día da Muiñeira", "Festival Folclórico Concello de Vigo", "Mostra do Traxe", "Enxalzamento do traxe" e "Xornadas de música e danza tradicionais".