Concello de Vigo e Fundación Caixa Galicia colaboran na organización de actividades culturais na cidade
O convenio asinado hoxe entre a alcaldesa e o vicepresidente da Fundación Caixa Galicia, con vixencia dun ano, supón unha achega total de 420.000 euros por parte da Fundación. Os eventos culturais quedarán repartidos entre as dúas entidades para a súa organización.
A alcaldesa Corina Porro e o vicepresidente da Fundación Caixa Galicia, José Luis Méndez López, asinaron un convenio de colaboración para a realización de diversos proxectos culturais na cidade de Vigo. A Fundación Caixa Galicia ten como obxectivo a xestión de actividades no ámbito cultural polo que o Concello de Vigo considera esta colaboración idónea para a execución da diversidade de proxectos e programas culturais que promove como servizo aos cidadáns.
A achega económica total da Fundación para a realización de todas as actividades referidas no convenio é dun máximo de 420.000 euros. O convenio ten unha vixencia dun ano, dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2005, con carácter retroactivo, polo que poderanse incluír actividades xa realizadas, como as conferencias "Ámbitos de Galicia" ou o ciclo musical "Xeración 2000+5".
A concellería de Cultura, en colaboración coa Fundación Caixa Galicia, organiza as seguintes actividades:
- Dentro das actividades musicais, a concellería organizou o "Ciclo Xeración 2000+5", entre maio e xuño, e encargarase dunha nova edición do Festival "Are More 2005", que terá lugar do 22 de outubro ao 18 de decembro.
- O Concello encargarase da organización de dúas exposicións, "O deus Berobreo. Altares e santuario de Donón no Museo Municipal de Vigo", que comezou o 7 de xullo e estará exposta ata o 1 de outubro. Entre outubro e decembro haberá unha exposición e diversas actividades divulgativas no Arquivo Pacheco.
- En canto a foros, conferencias e xornadas a Concellería de Cultura organizou o Ciclo de conferencias: "Ámbitos de Galicia" (maio-xuño). No mes de novembro terán lugar as xornadas de arte e estética dedicadas á arquitectura "Construcción e paisaxe no medio urbano" e entre o 18 e o 21 de outubro, haberá as xornadas de filosofía "A realidade humana".
Ademais, a Fundación Caixa Galicia organizará directamente diversas actividades:
- No ámbito musical, o concerto da Orquestra Barroca de Sevilla, que terá lugar o 28 de novembro.
- En canto a exposicións, organizarán as mostras "Falando da estampa. Unha colección de obra gráfica internacional", que leva exposta dende o 30 de xuño e remata o 4 de setembro, e "O mar nos fondos da colección Caixa Galicia", entre o 9 de novembro e o 8 de xaneiro, ambas na sala de exposicións da Fundación.
- A Fundación encargarase tamén da organización dun ciclo de cine cuxos títulos aínda están sen determinar.
A venda de entradas para os diferentes eventos realizarase por un sistema mixto entre o medio habitual do Concello e o sistema de televenda que emprega Caixa Galicia.
Descargar todas as imaxes