Concello e Autoridade Portuaria colaborarán na loita contra os incendios
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns un convenio de colaboración entre o Concello e a Autoridade Portuaria en materia de loita contra os incendios. En virtude deste acordo, a Autoridade Portuaria comprométese a pór a disposición do Concello unhas instalacións para un parque auxiliar de bombeiros de 750 metros cadrados.