Vigo acolle a saída da Volta Ciclista a Galicia "Navega 2005"
A cidade será o escenario da primeira etapa da Volta a Galicia cun percorrido de 130 quilómetros con saída e chegada na Estación Marítima.
A concelleira Lucía Molares presentou hoxe luns a IV Volta Ciclista a Galicia "Navega 2005", que terá lugar entre os días 31 de agosto e 4 de setembro con saídas dende Vigo, Baiona, Sanxenxo, Viveiro e A Coruña.
A primeira das cinco etapas empeza e remata en Vigo, xunto á estación Marítima. Consta de 130 quilómetros e dous portos de segunda e terceira categoría, así como dúas metas volantes en Tomiño e Gondomar. A organización lamenta unha maior presenza da Volta polas rúas da cidade viguesa pero entende que non se pode interferir no tráfico das principais rúas nesta época do ano.
A segunda etapa ten 152 quilómetros. Sae en Baiona, na rúa Elduayen en dirección Vigo, rematando no mesmo punto e tras pasar metas volantes en Tui e Ponteareas e cun porto de segunda, o de San Antonio, de case 400 metros de altitude.
A terceira etapa sae o venres 2 de setembro de Sanxenxo e remata xunto ao paseo da praia de Silgar. Esta etapa ten un percorrido de 120 quilómetros e consta dun porto de segunda, O Busto "Armenteira", e dúas metas volantes en Barrantes e Meaño.
A carta etapa ten saída e chegada en Viveiro, cunha meta complicada no alto de San Roque, porto de primeira categoría. A etapa ten 125 quilómetros e metas volantes en Foz e Burela.
A última etapa é a de Coruña. Consta de 138 quilómetros, ten dous portos de segunda categoría, Curtis e As Cruces, e dúas metas volantes en Betanzos e Sobrado dos Monxes.
En total participan 18 equipos de Navarra, País Vasco, Castilla La Mancha, Cantabria, Comunidade Valenciana, Portugal, Murcia, Castilla y León e Galicia.
Descargar todas as imaxes