Concello e Autoridade Portuaria colaborarán na loita contra os incendios
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns un convenio de colaboración entre o Concello e a Autoridade Portuaria en materia de loita contra os incendios. En virtude deste acordo, a Autoridade Portuaria comprométese a pór a disposición do Concello unhas instalacións para un parque auxiliar de bombeiros de 750 metros cadrados.
A Autoridade Portuaria contribuirá con terreos da súa titularidade nun lugar próximo á saída denominada da "Paelleira". Deste xeito, o parque de bombeiros trasladarase das actuais instalacións baixo o estadio de Balaídos a un novo edificio de 750 metros cadrados.
O Concello trasladará o parque auxiliar de Balaídos ás novas instalacións unha vez que estas estean rematadas, comprometéndose a asumir os custos das novas comunicacións, cociñas e moblaxe, que se valoran en 90.000 euros.
Ademais, a Autoridade Portuaria disporá dunha partida para formación de bombeiros, así como para equipamento. Pola súa parte, o Concello realizará os mesmos servizos e nas mesmas condicións que vén levando a cabo o actual parque da avenida de Balaídos.
Axudas escolares
Por outra parte, dentro da área de Benestar Social, a Xunta de Goberno decidiu conceder, de cara ao próximo curso escolar, 665 axudas para comedor, por valor de 300.000 euros, e 835 axudas para a adquisición de libros, por 100.000 euros.
Ademais, foron aprobadas senllas subvencións para obras en infravivendas rurais no Camiño dos Novelos (Bembrive), por 9.485 euros, e no Camiño dos Pasais (Macal-Castrelos), por 9.302 euros.
Acordo sobre a variante Porriño-Vigo
Á parte disto, a Xunta de Goberno acordou manifestar a súa disconformidade co estudo informativo da variante do trazado Porriño-Vigo e comunicarlle á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia a vontade da Corporación de lograr unha solución consensuada entre o Ministerio de Fomento e os tres concellos afectados.
Patrimonio e contratación
Na área de Patrimonio e contratación, resultou adxudicada a subministración dun furgón para o parque móbil municipal, por un importe de 21.790 euros. Ademais, quedou denegada a solicitude da empresa Contenur de revisión extraordinaria de prezos do contrato de instalación, limpeza e mantemento de colectores e papeleiras. Por último, a Xunta de Goberno adxudicoulle a El Corte Inglés a subministración de material para o ximnasio de bombeiros.
Descargar todas as imaxes