Escoitar

A beleza e a utilidade da artesanía tradicional, a partir de setembro na Casa das Artes

A mostra, que permanecerá na Casa das Artes ata o 2 de outubro, trata de estudar en profundidade os parámetros que converten unha peza en artesanía tradicional e o seu valor. Tamén contará con actividades complementarias onde poderá observarse en vivo o traballo dos artesáns.

martes, 30 ago 2005
1125406514cat.jpg
A partir do vindeiro xoves 1 de setembro, a Casa das Artes de Vigo comeza a exposición "Beleza e utilidade: a artesanía tradicional en Galicia", unha iniciativa promovida pola concellería de Cultura e Patrimonio Histórico do Concello de Vigo.
A intención que persegue esta exposición é a de achegar e dar a coñecer ao público en xeral as características que definen a artesanía tradicional e os criterios que hai que ter en conta para diferenciala doutras artesanías.

Moitas veces observamos pezas artesanais que nos chaman a atención pola materia prima ou pola súa cor sen ter en conta que estes obxectos son tamén historia e que provocan en nós sentimentos, emocións, sensacións, transmitíndonos deste xeito mensaxes, por iso esta exposición pretende ser un achegamento e comprensión cara os obxectos artesanais tradicionais xa que isto suporá entender a sociedade que a xerou.

¿Por qué unha peza é tradicional e a outra non?, ¿qué criterios debemos seguir á hora de mercar unha peza con valor patrimonial?, ¿quén está detrás da elaboración destas pezas de artesanía tradicional? a estas preguntas e outras tratarase de dar resposta coa mostra.

A mostra contará tamén cunha serie de actividades complementarias que, co nome de "Un fin de semana cos artesáns", poderase observar en vivo o traballo destes. As xornadas serán as seguintes: cestería (3 e 4 de setembro), tecedeira (10 e 11 de setembro), carpintería (17 e 18 de setembro), redeira (24 e 25 de setembro).

O día 15 de setembro ás 20 horas terá lugar a conferencia impartida por Xurxo Rodríguez Gómes sobre a fala dos canteiros. Os responsables do CAT organizarán, en horario habitual de apertura, visitas guiadas dirixidas a asociacións, entidades culturais e público en xeral.

A inauguración da mostra terá lugar ás 20 horas do día 1 e estará exposta ata o 2 de outubro de 2005. O horario de visita da Casa das Artes é de luns a venres de 18 a 21,30 horas, os sábados de 11 a 14 e de 18 a 21,30 horas, e os domingos e festivos de 11 a 14 horas.
1125406514cat.jpg
1125406542cat2.jpeg
Descargar todas as imaxes