Benestar Social aumenta o importe das axudas destinadas a libros e comedor escolar
O importe total das axudas é de 400.000 euros, dos que 100.000 euros van destinados a axudas para libros e material escolar e 300.000 euros serán para subvencións aos comedores.
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, presentou hoxe o programa de axudas escolares para comedor e libros que o departamento de Asuntos Sociais concede ás familias. Os beneficiarios destas axudas son nenos e nenas matriculados en centros públicos ou concertados na totalidade cursando Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
Rematado o prazo para a presentación de solicitudes recibíronse 1.327 propostas de pais, nais ou titores que corresponden a 2.062 alumnos (un mesmo pai pode pedir a subvención para varios irmáns).
A consignación orzamentaria prevista para estas axudas é de 400.000 euros polo que, de acordo coas bases que recollen os criterios de valoración, a Comisión de Avaliación elaborou un listado coa puntuación dos solicitantes tendo en conta aspectos sociais e económicos da unidade familiar. Esta contía total destinada a axudas supera en máis de 60.000 euros os 339.574 euros que constituíron o orzamento do ano pasado.
Axudas para libros e material escolar
Das axudas de libros concedéronse 935 solicitudes que corresponden a 1.448 alumnos. O orzamento destinado a este fin foi de 100.000 euros sendo o importe total das axudas concedidas de 99.976 euros. O repartimento destas axudas é o seguinte:
- 412 alumnos de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) por importe de 25.544 euros (62 euros/alumno).
- 676 alumnos de Educación Primaria por importe de 38.356 euros (86 euros/alumno)
- 360 alumnos de Educación Secundaria por importe de 36.076 euros (116 euros/alumno)
48 solicitudes están en lista de espera mentres que 278 foron denegadas por incumprir algún dos requisitos (estas últimas corresponden a 370 alumnos).
Axudas de comedor
Foron concedidas 665 solicitudes para as axudas ao comedor que corresponden a 1.028 alumnos por un importe de 37.221 euros mensuais. O orzamento destinado a comedores é de 300.000 euros para todo o curso (outubro de 2005 a maio de 2006) habendo unha contía mensual máxima de 37.500 euros. A axuda máxima mensual que recibe cada alumno é de 40 euros. En lista de espera permanecen 84 das solicitudes recibidas mentres que 285 solicitudes foron rexeitadas (correspondentes a 382 alumnos).
As axudas de libros e material escolar comezaranse a abonar a partir da primeira semana de setembro mentres que as de comedores pagaranse directamente aos colexios a partir de outubro.
Descargar todas as imaxes