Escoitar
Anuncio Educación

Matrícula extraordinaria na escola infantil municipal "Costeira" de Saiáns para o curso 2005/06

venres, 2 set 2005
O prazo de reserva de praza abrangue desde o 2 ao 13 de setembro de 2005, ambos inclusive.
O impreso de solicitude de novo ingreso facilitarase na propia escola (rúa Baixada á Praia nº 79 Saiáns-36392 Vigo) ou no Departamento de Educación do Concello de Vigo.
As listas provisionais publicaranse o día 19 de setembro de 2005 no taboleiro de anuncios da propia escola e no Concello de Vigo, e abrirase un prazo de reclamacións de 10 días.