Escoitar
Anuncio Administración de Tributos

Exposición pública do padrón do IAE 2005

<br />

venres, 2 set 2005
Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia núm 167 de data 31 de agosto de 2005, estará en exposición pública o Padrón do Imposto sobre actividades económicas correspondente ó ano 2005, ata o día 15 de setembro inclusive, na Oficina do Imposto de Actividades Económicas do Concello, a excepción dos sábados que estará en exposición no Rexistro Xeral, en horario de 9 a 13 horas.

Os/as interesados/as poderán consulta-lo dito padrón e interpoñer contra os ditos actos con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó de finalización do período voluntario de pago ou ben directamente recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo anterior, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 xeral tributaria e art.137 da Lei 57/2003 das medidas para a modernización do goberno local.