Cotogrande acolle o Primeiro Salón de Medio Ambiente
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, manifestou hoxe que a protección do medio ambiente pasou a converterse nunha cuestión clave en calquera actuación impulsada polas administracións públicas.
Durante o acto de inauguración do Salón Interactivo do Medio Ambiente e Equipamento Municipal, que se celebra en Cotogrande, o alcalde engadiu que hoxe se impoñen as teses de que o desenvolvemento dunha sociedade debe estar asociado non só ó crecemento económico senón tamén, e de xeito esencial, á obtención dunha mellor calidade de vida, que implica a consecución dunhas condicións medioambientais favorables.
Na súa intervención, Pérez Castrillo referiuse a algunhas das actuacións abordas polo Concello de Vigo nos últimos dous anos, como as de materia de saneamento, que se completarán nos próximos anos cun investimento superior ós 2.000 millóns de pesetas.
Referiuse tamén á execución das obras de acondicionamento do río Lagares, ou ás actuacións para desenvolver enerxías renovables, anunciando que actualmente se prepara un proxecto que, utilizando enerxía solar, permita cubrir as necesidades enerxéticas das instalacións municipais.
Lembrou o alcalde que políticas como a do Concello de Vigo as siguen outras institucións e empresas privadas, o que fixo que nos últimos anos proliferen as empresas que centran a súa actividade na recuperación do medio natural ou na reutilización dos recursos.
SIMEN 2001 celébrase no recinto feiral de Cotogrande ata o próximo 8 de xuño. O salón, cun marcado carácter profesional, conta coa presencia dun centenar de firmas e institucións que presentan as últimas novidades relacionadas co Medio Ambiente e o Equipamento Municipal. Así, nos 12.000 metros cadrados que ocupa o certame poderanse coñecer as últimas tecnoloxías e iniciativas que existen no mercado dirixidas o tratamento de augas: tratamento de residuos sólidos urbanos, industriais perigosos ou non perigosos: recuperación e reciclaxe, ou enerxías alternativas.