Vigo celebra o Día da Muiñeira
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Isaura Abelairas, presentou o Día da Muiñeira que celebrará a súa XXI edición o domingo 3 de xuño, a partir das 12:00, na rúa Venezuela. Esta xornada, xunto coa da exaltación do traxe galego e a mostra do traxe, está organizada pola Escola Municipal de Danza.
Está previsto que acudan arredor de 2.500 participantes que poderán disfrutar dun espectáculo de música e danza. Corenta e dous autocares recollerán os integrantes de grupos de numerosos concellos da provincia que, coa coordinación da Policía local, terán libre a rúa Marqués de Alcedo para que poidan aparcar.
Unha banda composta por 70 gaiteiros de Sanguiñeda e Bembrive, dirixida por Hipólito Cabezas, acompañará os grupos de danza. Tódolos participantes recibirán unha medalla conmemorativa do Día da Muiñeira e refrescos.
O xefe de relacións externas de El Corte Inglés, Xosé Manuel Blanco, explicou que a colaboración neste tipo de acontecementos acentúa a seña de identidade dunha empresa asentada en Galicia que se sente identificada e comprometida co presente e futuro destas iniciativas. ”É significativo que sexa Vigo a cidade que lidera estes acontecementos”, indicou Blanco.