Escoitar

O novo bus turístico, en marcha

luns, 4 xuñ 2001
imx301.jpg
A Concellería de Turismo pon en marcha dende hoxe luns o novo bus turístico que percorrerá as rúas da cidade durante todo o verán. O servicio turístico, prestado por Vitrasa, presenta novidades como é o vehículo de dúas plantas descapotado, que realizará cinco itinerarios diarios, ampliando así os horarios do ano pasado. O bus comezará o seu primeiro itinerario ás 10.00h. e rematará o seu último percorrido do día ás 22.00h.

O adianto ó mes de xuño para a prestación deste servicio vén determinado polo éxito de funcionamento do ano utilizado por 5.752 usuarios.

Os cinco itinerarios diarios que realizará o bus serán os seguintes: 10h. A 11.58h.: de 12.00 a 13.58: de 16.00h. a 17.58: de 18h. A 17.58: de 18h. A 19.58h. e de 20h. A 21.58h., con saídas dende a rúa Cánovas del Castillo.

O prezo do billete para todo o día, con dereito a subir e baixar en calquera parada, ascende a 1.100 pesetas para adultos, 550 pesetas para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e para menores de 3 anos é gratuíto.

O bus turístico ampliará o seu itinerario pola zona de praias chegando ata o Vao onde comenzará o seu regreso pola zona portuaria e beiramar. A lonxitude do trazado será de 30,5 km. con un tempo de recorrido aproximado de 1 hora e 53 minutos, con paradas de 10 minutos no mirador do Castro e 5 minutos no Parque de Castrelos.

As paradas son as seguintes: Cánovas del Castillo, Areal, García Barbón 7, Policarpo Sanz 19, Venezuela 2, Venezuela 48, Manuel Olivé, Praza de España, Praza de América, Museo de Castrelos, Echegaray, Castelao, Samil e Praia do Vao.

Descargar todas as imaxes