A Xornada de Integración celebrarase o domingo 3 de xuño nas Travesas
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, sinalou que a organización da Xornada de Integración, que se celebrará o domingo 3 de xuño, demostra que hai suficientes asociacións, deportistas e persoal involucrado na cidade para que tódolos mozos con discapacidade teñan a oportunidade de achegárense ó deporte.
O obxectivo desta xornada é que os diminuídos físicos fagan deporte con persoas que non teñen discapacidade. Tamén se pretende que os nenos que asistan ó evento poidan disfrutar do deporte de integración e vexan que a sociedade é plural, o que favorece a convivencia con independencia das características dos suxeitos. ”A organización destas xornadas é unha forma de que a xente nos coñeza, se achegue a nós e rompa as barreiras”, expresou o deportista Sebastián Rodríguez ”Chano”.
Haberá actividades na piscina das Travesas, de 11:00 a 12:00 horas, nas que colaboran as entidades Asociación Menela, Apamp, Hoy por Mañana e a Asocición Síndrome de Down.
A Once, Real Club Celta, Amfiv, Club Bosco de Baloncesto, Club Vigo de Voleibol, Academia Octavio de Balonmán, Saladino Cortizo, San Francisco, San Rafael e Baloncesto Cíes Vigo son as entidades colaboradoras das actividades que se desenvolverán no pavillón central das Travesas. Participarán tanto discapacitados sensoriais coma físicos.
O circuíto en cadeira de rodas e o tenis de mesa comezarán ás 11:30, o fútbol sala ás 12:00 e o baloncesto en cadeira de rodas ás 13:00 horas.
Descargar todas as imaxes