Bolsas Fundación Laxeiro á Creación Artística
A Fundación Laxeiro convoca as Bolsas Pintor Laxeiro á Creación Artística para alumnos da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo que, durante o curso académico 2000-01, fosen beneficiarios das Becas Erasmus.
Trátase de dez bolsas por importe de 250.000 pesetas cada unha e os interesados deberán presentar a documentación na Facultade de Belas Artes antes do 1 de xullo deste ano.
O contido das bolsas presentouse hoxe no transcurso dunha rolda de prensa celebrada no Concello por parte do concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe: o decano da Facultade de Belas Artes, Jesús Hernández e o director xerente da Fundación Laxeiro, Javier Buján.
A filosofía das axudas é a de contribuír ó apoio da formación regulada de artistas, na liña que Laxeiro expresara en vida, de promove-la formación dos novos artistas galegos e que se materializara no espírito da súa acción “Un berro por Belas Artes” da que queda constancia na pintura mural que o artista de Lalín fixo para a sede da Facultade.
A documentación que se deberá presentar para acceder ás bolsas é a copia do DNI: copia do resgardo de matrícula do curso 2000-01: copia da notificación da concesión de Beca Erasmus: expediente académico: curriculum vitae: memoria explicativa da actividade desenvolvida coa Beca Erasmus na que consten os gastos e ingresos e a declaración doutras axudas concedidas para o mesmo fín coa cuantía correspondente e calquera outra documentación que o aspirante considere de utilidade para a valoración da súa solicitude.
A documentación recibida será avaliada polo comité asesor artístico da Fundación Laxeiro, tendo en conta os criterios de importancia do proxecto para a formación do aspirante: traxectoria e expediente académico e orzamento do proxecto.
Descargar todas as imaxes