Actuación municipal prevista para Barreiro
O ámbito do Plan Especial de Reforma Interior de Barreiro abranxe unha superficie, dividida en 24 parcelas, de 10,38 hectáreas, sendo o Concello de Vigo o propietario maioritario. O elemento máis salientable do conxunto é o Cuartel de Barreiro que foi adquirido polo Concello mediante compra ó Ministerio de Defensa.
O Plan Xeral de Ordenación Urbana deixou esta zona pendente dun Plan Especial en Solo Urbano co obxectivo de ampliar o patrimonio municipal de solo destinado a reserva de vivendas de protección oficial, equipamentos e zonas verdes.
Estas necesidades que o Pxou plantexaba nesta zona periférica da cidade foron asumidas polo Goberno municipal que, coa compra do cuartel, acada a posibilidade real de materializar o desenvolvemento deste sector por iniciativa propia, coa arela de consensuar co resto dos propietarios minoritarios condicións xerais da súa ordenación, de cara á mellora da calidade de vida no contorno.
A aposta desde o Concello fai especial fincapé no carácter equipamental futuro da zona, por ser máis importantes os déficits na periferia da cidade que, coa vinculación a unha gran área de parques e xardíns, se vai converter nun punto de referencia e centro principal de actividade no seu contorno próximo.
Unha residencia xeriátrica, centros de carácter sociocultural e ocupacional, gardería infantil, biblioteca e ludoteca integraranse nunha edificación que configurará unha gran praza de máis de 2.000 metros cadrados.
Na parte intermedia do recinto localízase unha zona deportiva aproveitando o campo existente para pistas polideportivas ó aire libre. Habilitarase un ximnasio no edificio de cocheras e construirase un novo edificio no que se instalará unha piscina.
Edificacións adicadas a usos residenciais de iniciativa municipal, como as de protección oficial ou vivendas sociais, emprazaranse na parte superior do antigo recinto do cuartel. Na zona norte do sector consolídase a zona residencial de vivendas unifamiliares coas mesmas tipoloxías que as existentes, sen plantexar máis cesións que as necesarias para a apertura de novas rúas.
A rede viaria segue os trazados indicados no Pxou, consolidando os camiños e rúas existentes e creando as necesarias para acceder a tódalas parcelas, coas zonas de aparcamento e os servicios soterrados precisos en función da demanda de uso de cada zona.
O Peri xestionarase en tres etapas diferentes nun período de oito anos e o investimento estimado é de 380 millóns de pesetas.
Descargar todas as imaxes