Escoitar

Los Suaves actuarán no pavillón das Travesas

martes, 5 xuñ 2001
imx307.jpg
Los Suaves estarán en Vigo o 30 de xuño e ofrecerán un concerto que marcará o inicio do programa estival da Concellería de Xuventude. En case tres meses da publicación do seu décimo cuarto disco, ”Víspera de todos los santos”, vendéronse 100.000 copias.

O pavillón das Travesas abrirá as portas ás 20:30 horas, actuará o artista convidado ”Kraken” e logo tocarán Yosi, Alberto Cereijo, Charly, Gelo e Fernando Calvo, compoñentes de ”Los Suaves”.

O último traballo de ”Los Suaves”, ”Víspera de todos los santos”, está infectado polo veleno do rock duro, segundo afirman os propios autores. Algúns dos temas Palabras para Julia, versión dun texto de José Agustín Goytisolo: No me gusta el rock´roll, que é todo o contrario ou Noche de luna y pateras, conta a traxedia dos inmigrantes no estreito de Gibraltar serán mesturados con outras coñecidas cancións anteriores.

O grupo desplegará 40.000 watios de son e 120.000 de iluminación para un novo espectáculo con pirotecnia deseñado pola compañía teatral ”La Fura dels Baus” e unha montaxe escénica inspirada no seu último disco. As entradas poderanse adquirir en Vigo en Elepé, Diskópolis, Tipo e La Columna por un prezo de 1.000 pesetas.
Descargar todas as imaxes