Escoitar

Acción de sensibilización á integración das persoas con mobilidade reducida

martes, 5 xuñ 2001
imx306.jpg
A Concellería de Educación organizou no centro de ensino ”Ría de Vigo” unha sesión didáctica dun programa co que se pretende concienciar a comunidade educativa sobre a necesidade de eliminar as barreiras arquitectónicas para as persoas con mobilidade reducida.

O alumnado recibiu exemplares do cómic didáctico ”Pon a túa cidade ó alcance de todos e todas”, que propiciou nas aulas un debate motivador sobre o tema. A Asociación de Enfermidades Musculares (Asem-Galicia), que colabora con este plan, realizou unha programación de conferencias nos centros participantes apoiadas con material audiovisual.

Entre outras actuacións, fíxose un estudio práctico da situación do centro desde o punto de vista arquitectónico, tiráronse conclusións e elaborouse unha proposta de corrección de barreiras. Os alumnos puideron desenvolver actividades prácticas que incluían xogos en cadeiras de rodas para probar a accesibilidade no centro.

Nesta campaña, que promove a formación global dos escolares cara un modo de enfocar a problemática das dificultades de acceso para as persoas con mobilidade reducida, participan arredor de 450 alumnos pertencentes a sete centros de ensino.
Descargar todas as imaxes