A Concellería de Medio Ambiente instala nas zonas de baño carteis informativos sobre o estado das augas
O Concello de Vigo comezou a colocar nas zonas de baño paneis con datos sobre o estado das augas, teléfonos de emerxencia, recomendacións e códigos de conducta. A información sobre a calidade das augas actualizarase cada 15 días de acordo coas análises realizadas. Os resultados determinan que, neste momento, tódalas praias de Vigo son aptas para o baño.
Os carteis instalaranse sobre soportes de madeira e conterán o topónimo da praia: recomendacións para o baño e para tomar o sol: datos sobre temperatura, ph, osíxeno disolto, salinidade e presencia de coliformes, así como teléfonos de emerxencia por se acontecese algún imprevisto. Os bañistas poderán comprobar, segundo os datos facilitados, o estado da calidade das augas e ter tódalas garantías de que as praias son aptas para o baño.
Praias nas que se instalarán os paneis informativos:
-A Punta
-O Carril
-Santa Baia
-A Mourisca
-Fontes (Olmos)
-O Tombo do Gato(A Fonte)
-O Cocho das Dornas
-A Argazada (Azul)
-Samil (3)
-Calzoa (Barcas)
-A Fontaíña (Serea)
-O Baluarte
-O Vao
-Toralla
-Canido
-O Xunqueiro (Fuchiños)
-A Sobreira
-Cíes
Descargar todas as imaxes