A comisión mixta Concello-Celta chega a un acordo sobre o protocolo de colaboración para a remodelación de Balaídos
Os grupos políticos representados no Concello de Vigo e o Real Club Celta SAD chegaron a un acordo sobre o documento que se someterá a aprobación do Pleno da Corporación municipal o vindeiro xoves. Ese documento establece o marco de colaboración entre o Concello e o Celta para remodelar a zona de Balaídos e construír un novo estadio de fútbol.
O protocolo recolle o compromiso do Concello de realizar as adaptacións pertinentes no planeamento urbanístico para que se poida materializar a construcción dun complexo deportivo, comercial e de ocio nos terreos de propiedade municipal, que sempre manterán a súa natureza pública. Os recursos que se poidan xerar polos novos usos deben permitir o financiamento da construcción do novo estadio.
Concello e Celta colaborarán na elaboración dos estudios de viabilidade e os proxectos técnicos necesarios. Unha vez que se determine a viabilidade da operación o Concello licitará unha concesión administrativa polo prazo máximo legal sobre os terreos de referencia. O concesionario terá a obriga de construír o novo estadio e terá a como compensación a explotación do complexo deportivo, comercial e de ocio.
Todas estas actuacións terán un requisito previo que é a construcción dunhas novas pistas de atletismo e das instalacións que existen actualmente no estadio de Balaídos. Se os recursos obtidos coa actuación prevista non fosen abondo, Concello e Celta SAD comprométense a colaborar na busca de financiamento adicional.