Escoitar

Tenis feminino en Samil

Do 2 ó 10 de agosto disputarase en Vigo o II Torneo Internacional Feminino de Tenis Cidade de Vigo. O torneo terá lugar nas instalacións do complexo deportivo municipal de Samil e presentouno hoxe a concelleira de Deportes, María Xosé Porteiro.

xoves, 31 xul 2003
Durante os días que dure a competición os afeccionados ó tenis poderán presenciar o traballo das xoves tenistas que cunha media de idade inferior ós 18 anos esforzaranse en conseguir os puntos para avanzar no seu ranking mundial.

O torneo , puntuable para a clasificación da World Tennis Association, está incluido no calendario do Tenis Europeo e da Federación Internacional de Tenis.