Inicio das obras da rede perimetral de auga en Portanet
Os concelleiros de Vías e Obras e Tráfico, Xabier Toba e Xulio Calviño, respectivamente explicaron hoxe en rolda de prensa as obras de abastecemento de augua que se realizarán a partir do dous de agosto na Avenida Alcalde Portanet e que afectarán ó tráfico nesta zona da cidade.<br />
As obras realizaranse entre o 2 de agosto ata o 6 de setembro coincidindo a maior parte do tempo co parón que durante o mes de agosto producese na factoría Citroën.
Nestas datas realizaranse dúas obras o mesmo tempo. Por unha parte iníciase o primeiro tramo da rede perimetral de abastecemento de auga na Av.Portanet que remata na Avenida de Castrelos no cruce Arquitecto Palacios, tramo de inicio que conectará no seu momento co Plan Parcial de navia. Executaranse tamén as obras de mellora de pavimento, trazado e semaforización de Alcalde Portanet, Castrelos e entorno do estadio de Balaidos.
As dúas obras levaranse a cabo simultaneamente con catro equipos de traballo independentes para conseguir o obxectivo prioritario para o tráfico que é ter rematadas ámbalas dúas obras no entorno da factoría do grupo PSA antes do 24 de agosto.
As obras estructúranse por fases e tramos, de modo que nunca se corte a circulación en ámbolos dous sentidos da rúa simultaneamente.
Descargar todas as imaxes