Escoitar

Presentouse o Revoltallo

Esta de 2003 será a décima edición do Revoltallo de Música Emerxente, o certame para grupos noveis que todos os anos organizan Xuntanza Xuvenil de Valadares e o Centro veciñal e cultural de Valadares, co patrocinio da Concellería de Cultura. Precisamente o concelleiro, Santiago Domínguez, comprometeuse a integrar o Revoltallo na programación das Festas 2004.

martes, 29 xul 2003
105947820703.jpg
Skunk DF, un dos principais grupos do X Revoltallo
O Revoltallo de Música Emerxente terá lugar do 11 a 17 de agosto, e o recinto que acollerá o festival será o xa habitual do Monte dos Pozos, na parroquia de Valadares.

Nesta edición actuarán os escoceses Macfeck, os gaditanos Sphinx, os cordobeses Estirpe, os asturianos Biotech, os madrileños Skunk D.F., os madrileños Avulsed, os portugueses Eternal Morning, o vasco DJ Undersound, o leonés DJ Unknown, e os galegos Lugnasad, O Ciprián e mailo can, A banda melghacha, Pro choices, Nocheni, Zona zero, Ynercia, Armorial, Shroud of Tears, Scent of Death, Fallen Sentinel, DJ Savu, DJ Pisi Toulouse, DJ Jore, DJ Lule, DJ David Flashback, Icaro, Hiossame, Tío Sam e Clon Mela.

Ademais, haberá como é acostumado distintas actividades, dende globoflexia, torneos de rol, encontros de magic, un mercadillo ou unha concentración de percusionistas.

A entrada e a acampada no Monte dos Pozos é libre.
Descargar todas as imaxes