Xuventude solicita unha subvención á Unión Europea para a realización dun proxecto de dinamización
A Comisión de Goberno acordou a presentación do "Proxecto de dinamización da participación xuvenil de Vigo" da Concellería de Xuventude, no marco do programa Xuventude da Unión Europea.

O proxecto, de carácter innovador, ten como obxectivos promove-la creación de redes entre as organizacións e os colectivos xuvenís de Vigo; posibilita-la participación dos xoves a nivel formal, informal e particular; dinamiza-las organizacións de xoves para favorece-la creación de estructuras participativas permanentes; apoia-la realización de actividades de participación e divulgación xuvenil e promover que o parque de O Castro se convirta nun territorio de encontro e participación.
O orzamento total do proxecto é de 153.846,11 euros e segundo consta na convocatoria a aportación máxima da Unión Europea por medio de subvención será, no caso de aprobarse, do 65% do presuposto total.
A duración do proxecto será de dous anos, e a data proposta de inicio é o mes de novembro deste do ano 2003.
Descargar todas as imaxes