O alcalde inaugura a exposición "O espello do mar"
O Museo do Mar, entidade que xestiona a Fundación Consorcio da Zona Franca de Vigo, acollerá ata o 19 de outubro unha mostra de pintura de tema mariñeiro. Nela escólmanse grandes obras e autores da pintura galega contemporánea: Laxeiro, Castelao, Lloréns...
A mostra "O espello do mar" é unha homenaxe artística aos froitos estéticos que pintores e escultores souberon estraer do océano. O comisario da exposición é o profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, José Manuel López Vázquez.
Durante dous meses e medio, os visitantes do Museo do Mar de Galicia poderán contemplar por primeira vez a única recompilación que sobre iconografía mariña se fixo ata hoxe. Trátase de máis de 300 pezas asinadas por un cento de autores consagrados entre o século XIX e 1980 e ás que acompañan un importante número de exvotos ou obras plásticas populares de devoción relixiosa . Dado que máis do 80% das obras de arte exhibidas en "O espello do mar" pertencen a coleccións privadas, ésta será a única oportunidade de gozar delas individualmente e no conxunto que compoñen, que non é outro có puzzle artístico de toda a xeografía costeira galega.
Desde a Mariña luguesa ao litoral guardés de Pontevedra, sempre houbo un pintor que reflectiu as características do litoral e da costa: o Samil de Laxeiro, o Morrazo de Tino Grandío, o Seixo Branco de Alejandro Pascual, a Ría de Pontevedra de Castelao, as Rías Baixas de Lloréns, a de Viveiro de Nespereira, aLanzada de Pintos Fonseca, o 'Efecto de luz en Chapela' de Manuel Abelenda ...
O horario da exposición será de martes a xoves, de 10 a 14 e de 17 a 22, mentras que vernes e sábado abrirá de 10 a 14 e de 17 a 23.30; os luns ficará pechada. O prezo da entrada é de 3 €, con descontos para menores, anciáns e grupos de visitas.