Escoitar

Malestar de Olaia Fernández ante o recurte orzamentario da Xunta para o Plan de Drogas

Vigo é a única cidade galega cun Plan de Drogodependencias, un conxunto de programas e medidas dirixida a reducir o consumo de substancias adictivas e a paliar as súas consecuencias. A Xunta de Galicia decidiu reducir a súa contribución ao Plan e só achegará un terzo do gastado polo Concello.

mércores, 30 xul 2003
A concelleira de Benestar social, Olaia Fernández, mostrou o seu fondo desacordo coa postura da Xunta durante a renegociación de acordo.

Durante os últimos tres anos, a cantidade destinada polo Concello de Vigo a plans de formación, prevención e inclusión social de drogodependentes foi sempre en aumento. Dos 62.000 € de 2000 pasouse aos 108.000 € deste 2003, e para o 2004 estímase unha cantidade de 160.000 €.

Sen embargo, durante este período de expansión e consolidación do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións, a cantidade achegada pola Xunta de Galicia apenas medrou: dos 38.000 euros de 2000 pasouse aos 40.000 de 2003.