Concello e Xunta deseñarán un plan de choque para a rehabilitación do Casco Vello
O Concello de Vigo e a Xunta coinciden á hora de sinalar a nesidade de poñer en marcha un plan de choque para rehabilitar o Casco Histórico da cidade. Esa foi unha das conclusións que se desprende da reunión que mantiveron en Santiago está mañá Xosé Carlos Arias e Mauricio Ruiz, concelleiros de Patrimonio Histórico e Urbanismo, respectivamente, co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, José Antonio Redondo. Os representantes de ámbalas dúas institucións volverán a reunirse en setembro para avanzar na posta en marcha deste proceso de rehabilitación.