Vintenove traxes da comarca participarán na Mostra do Traxe Tradicional
O próximo sábado, 2 de agosto, a Praza do Berbés acollerá a 13 edición da Mostra do Traxe Tradicional, que nesta ocasión vai contar coa participación de 29 traxes de distintos puntos de Galicia. O acto terá lugar ás 22:30 e a entrada é libre.

Esta actividade está organizada pola Concellería de Festas e Animación sociocultural e conta coa colaboración de El Corte Inglés.
Na mostra, e ademais da exhibición dos traxes tradicionaiss galegos haberá actuacións musicais, a cargo do Grupo da Escola Municipal de Danza "O Tarabelo" e da Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra, que proximamente tocará en Nova York.
A Mostra vén completar o programa de actividades que cada ano celebra a Concellería de Festas co traxe galego como protagonista, despois do éxito alcanzado pola cuarta edición do Enxalzamento.
Descargar todas as imaxes