Escoitar

Arrincan as novas actividades na Casa das Mulleres

Dende hoxe empezan as actividades programadas durante os meses de setembro a decembro, abertas para as mulleres maiores de 18 anos, previa solicitude de inscrición.

luns, 26 set 2022

Hoxe comeza o curso de “Competencias dixitais básicas”, e ao longo da semana iniciaranse de forma paulatina outros como a "Escola Feminista de Empoderamento: creando sororidade"; os obradoiros "Falamos?" e de "Escrita Autobiográfica" e o curso "Historia de vida das mulleres para xogar no teatro". Como sinalou o alcalde na rolda de prensa matinal este programa esta baseado en “accións que fomentan a igualdade”.

Posteriormente, para o mes de outubro terá lugar o curso de "Introdución á teoría crítica feminista. Aproximación aos debates contemporáneos" e xa en novembro, introducirase o curso de "Formación en Igualdade para profesionais".

 

Descargar todas as imaxes