A Xunta de Goberno aproba 130 espectáculos por valor de 119.000 euros
O alcalde tamén anunciou a licitación para a compra de 400 cadeiras para a biblioteca do Auditorio Mar de Vigo.
Abel Caballero deu conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local. A equipa de goberno aprobou a contratación para a prestación do servizo de animacións, actividades e espectáculos de pequeno formato dentro do programa “Vigo en Festas”.
Vigo terá “o ano que vén” 130 espectáculos de pequeno formato en distintos puntos de la ciudad. O contrato foi adxudicado por valor de 119.000 euros. Segundo relatou o rexedor, haberá actuacións musicais, grupos musicais, bandas, espectáculos infantís, pasarrúas, representacións de teatro.
Caballero tamén anunciou a licitación para a compra de cadeiras para a biblioteca do Auditorio Mar de Vigo cun importe de 44.000 euros: “Son 400 cadeiras necesarias para que estudantes e opositores teñan condicións razoables para a súa utilización”.