O alcalde ratifica que o Concello é titular dos viais públicos de Coia
O alcalde, Lois Castrillo, ratificou que os viais públicos de Coia son de titularidade municipal despois de comprobar que se fixo efectiva a cesión ao Concello dos que foron construídos por outras administracións. O alcalde envioulle unha circular a todos os servicios municipais comunicándolles que teñen que facerse cargo do mantemento de todos os servicios públicos situados nos viais públicos do barrio.

Castrillo comunicoulle esta decisión aos colectivos veciñais de Coia nunha xuntanza mantida hoxe. Tamén acordou con eles crear unha comisión para revisar a titularidade dalgunhas urbanizacións. A misión dese grupo de traballo será determinar que urbanizacións pertencen a comunidades de propietarios e cales son municipais para poder inventarialas.