O Concello adquire un novo camión escaleira para o servicio de bombeiros
A Comisión de Goberno adxudicou o contrato de compra dun novo vehículo autoescaleira para o servicio de bombeiros. Este camión, o máis moderno dos que existen no mercado, substituirá ao que actualmente está en servicio, un vehículo que pola súa antigüidade non podía ofrecer todas as prestacións esixibles.
A empresa Rosembauer Española S.A. será a que subministre a autoescaleira, un vehículo de 280 c.v. que custará 598.000 euros. O camión dispón dunha escaleira capaz de elevarse 33 metros e que pode inclinarse con ángulos de +76 e –23 graos. O vehículo ten unha garantía de catro anos e do seu mantemento se ocupará un equipo de seis técnicos que garanten unha resposta, en caso de avaría, de 8 horas.
Obras de reparación da cuberta do Museo de Castrelos
O Goberno municipal decidiu contratar a obra de reposición da cuberta do museo Quiñones de Leon. Vaise arranxar todo o corpo central do pazo, uns 300 m2, repoñendo tellas, baixantes e canalóns e reparando as fisuras existentes que permiten a filtración de auga no interior do edificio. O presuposto dos traballos é de 20.100 euros.