A artista Mercedes Ruibal terá unha rúa dedicada para a lembranza das xeracións futuras
O Pleno da Corporación aprobou, por aclamación, nomear unha rúa ou praza de Vigo co nome de Mercedes Ruibal para a lembranza das xeracións futuras e como homenaxe aos valores artísticos e á coraxe cívica desta viguesa exemplar.
Mercedes Ruibal foi unha figura notable da cultura da nosa cidade na segunda metade do século XX, formando parte da avangarda artística de Vigo, Galicia e España. A súa obra plástica está presente nas coleccións municipais e sempre manifestou a súa identificación coa nosa cidade.
Fundación Reveriano Soutullo
A Corporación acordou, por unanimidade, adherirse en calidade de patrono á fundación de interese cultural e de interese galego Reveriano Soutullo Otero. Ademais, nomeou representante do Concello no Patronato da Fundación o concelleiro delegado de Cultura.
A participación do Concello como patrono, implica colaborar na realización das actividades propias da fundación como concertos, exposicións e conferencias nas dependencias culturais do Concello, sen prexuízo, no seu caso, de prestar o apoio económico complementario aos recursos da mesma para o outorgamento de bolsas de investigación da obra do autor.
Descargar todas as imaxes