Escoitar

Adxudicado o concurso para a ampliación e o mantemento das instalacións de control de tráfico

O Pleno da corporación municipal adxudicou o concurso para a contratación da concesión do servicio público de ampliación, substitución, mantemento, conservación, reparación, subministro e explotación das instalacións de regulación, control e información de tráfico de vehículos e peóns na rede viaria de Vigo.

luns, 28 abr 2003
1051522169P28.jpg
Sesión plenaria
A empresa adxudicataria é a UTE formada por Equipos de Señalización y Control S.A. e Electronic Trafic S.A. O prezo do servicio é de 1.915.329 euros/ano.

A empresa escollida encargarase dos traballos de mantemento, conservación e reparación da rede semafórica, das cámaras e da sala de control de tráfico. Tamén se ocupará da instalación de novos equipos e do mantemento da rede de seguridade do túnel de Beiramar.

O novo contrato servirá para axilizar os procesos de reparación de avarías no sistema semafórico. Tamén permitirá modernizar a rede de control de tráfico da cidade incorporando novas tecnoloxías.

Prórroga do servicio de lanzadeiras á Cidade Universitaria

O Concello decidiu prorrogar por dous anos os convenios asinados en abril de 2001 coa Universidade de Vigo e coa empresa Viguesa de Transportes S.A. polos que se estableceu un sistema de transporte público entre o centro urbano de Vigo e a Cidade Universitaria.

Os estudios realizados sobre o servicio demostran que é satisfactorio e responde a unha demanda de transporte da comunidade universitaria. Só no pasado mes de marzo as lanzadeiras foron utilizadas por 85.000 persoas. O Concello de Vigo destinará este ano a subvencionar este servicio 300.506 euros.
Descargar todas as imaxes