luns, 28 abr 2003
A celebración da gala da VI edición dos Premios Max no centro cultural Caixanova converterá a cidade de Vigo na capital teatral do Estado. Os días previos á gala, que será o luns 5 de maio, os vigueses poderán disfrutar de espectáculos de teatro na rúa organizados polo Concello que animarán as zonas centrais, portuarias e de praia da cidade. O alcalde Lois Castrillo e Mercedes Pascual, co-directora da productora Anexa, presentaron a semana de teatro na rúa con actuacións de grupos procedentes de Cataluña, Euskadi e Galicia.
luns, 28 abr 2003
O Pleno aprobou a permuta de terreos sitos no polígono 1 do Peri "A Bouza sur", propiedade de Miraflores Vigo, por fincas do patrimonio municipal do solo, para converter en zona verde as parcelas.
luns, 28 abr 2003
O Pleno da Corporación aprobou, por aclamación, nomear unha rúa ou praza de Vigo co nome de Mercedes Ruibal para a lembranza das xeracións futuras e como homenaxe aos valores artísticos e á coraxe cívica desta viguesa exemplar.
luns, 28 abr 2003
A Comisión de Goberno adxudicou o contrato de compra dun novo vehículo autoescaleira para o servicio de bombeiros. Este camión, o máis moderno dos que existen no mercado, substituirá ao que actualmente está en servicio, un vehículo que pola súa antigüidade non podía ofrecer todas as prestacións esixibles.
luns, 28 abr 2003
Ata o 23 de maio permanece aberto o prazo de inscrición para o "Día da muiñeira", organizado pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural en colaboración coa Escola Municipal de Danza e de El Corte Inglés. As entidades interesadas en participar no acto, que se desenvolverá na rúa Venezuela o vindeiro 1 de xuño, a partir das 12:00 horas, deben rexistrarse na Secretaría da Escola Municipal de Danza, de luns a venres en horario de 10:00 a 12:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas.