Escoitar

O Ifevi acolle o XII Salón do Automóbil

O meirande escaparate do sector da automoción en Galicia ofreceralle aos visitantes a posibilidade de acceder á información sobre os últimos modelos automobilísticos chegados ao mercado.

martes, 29 abr 2003
1051617589automobil29.jpg
Elvira, Castrillo e López na presentación
O alcalde, Lois Castrillo, presentou o XII Salón do Automóbil de Vigo que se celebrará do 1 ao 11 de maio no Ifevi, en Cotogrande. Unha trintena de firmas automobilísticas, entre as que destaca a presencia de Ferrari cunha mostra retrospectiva, intégranse no carácter comercial deste evento que pretende impulsar a venda de vehículos en Galicia.

"É importante para a cidade de Vigo contar con este salón para potenciar a nosa industria, que conta con 30.000 postos de traballo neste sector, que serve de atracción de visitantes que se achegan a coñecer este evento", afirmou Castrillo. Na anterior edición, este salón recibiu 220.000 visitantes, dos que máis da metade eran procedentes de fóra da cidade.

O director do salón, Enrique Elvira, destacou que o deporte será o protagonista das actividades paralelas coa celebración do Rallye Volta a Galicia de clásicos, probas de trial e quads, campionato de slot e concentración de deportivos e tuning.

O certame contará co patrocinio de Race e Caixanova, entidades que ofrecerán os seus productos con inmellorables condicións.

O voto do público determinará os premios "Automóbil do ano en Galicia" nas categorías de deportivo, todoterreo e multiusos.
Descargar todas as imaxes

Máis información