Presentación do libro "Os nenos de San Francisco" en Verbum
A presentación do libro "Os nenos de San Francisco", do fotógrafo Ricard Terré, o mércores 30 de abril ás 20:00 horas inaugura a axenda de actos en Verbum-Casa das Palabras. A iniciativa insírese na concepción do museo como un espacio aberto á participación e ao debate das máis diversas propostas e colectivos. O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, acompañado do autor, percorrerá a obra dedicada aos meniños que asisten ao Centro de Educación Especial San Francisco.

O libro editado no Ano Europeo das Persoas con Discapacidade pretende amosar, a través de imaxes, o labor desenvolvido a prol da igualdade e da integración dos diminuídos pola Asociación Galega San Francisco. Dende a súa creación, no 1967, a asociación ofreceu formación, atención e emprego a numerosas persoas con deficiencias psíquicas na cidade.
"Os nenos de San Francisco" recolle as fotografías realizadas por Terré no 1998 por encargo do Centro de Estudios Fotográficos para a sección da Fotobienal Vigo-Visións. En contra do que cabía esperar de Terré, un fotógrafo de xentes e de espacios abertos, o seu proxecto céntrase no mundo interior do Centro de Educación Especial San Francisco. As persoas fotografadas na serie, nenos e adultos, malia que todos na idade da inocencia, representan todo o drama da vida humana. Asemade, resumen o encontro de Terré coa súa cidade.