Escoitar

Participación organiza dous cursos de formación para as organizacións non lucrativas

venres, 7 mar 2003
O Plan de Formación para ONLs da Concellería de Participación Cidadá pon en marcha dous novos sobre ‘Análise de necesidades sociais cara a intervención social’ e ”Organización e difusión de eventos’, dirixidos ás persoas socias, colaboradoras ou asalariadas das asociacións do noso municipio e a todas aquelas que estean interesadas neste sector non lucrativo.

O curso de ‘Análise de necesidades sociais cara a intervención social’ abordará metodoloxías e ferramentas concretas para a obtención, tratamento e interpretación de datos referidos ás distintas necesidades sociais: da poboación en xeral, de colectivos específicos, etc. Realizarase no Centro Cívico de Teis os venres e sábados 21 e 22 de marzo e 4 e 5 de abril.

O curso ‘Organización e difusión de eventos’, tratará os elementos organizativos, publicitarios, medios materiais, relación cos medios de comunicación e todos os aspectos relacionados coa planificación e realización de distintos tipos de eventos. Realizarase tamén no Centro Cívico de Teis os martes e xoves desde o 18 de marzo ata o 10 de abril.

As persoas interesadas en inscribirse ou obter máis información poden facelo a través do teléfono 986 126 010.